Estes días e coincidindo coa ponte das Letra Galegas estamos a pasar uns dias en Portugal, concretamente no Gerês...
E precisamente por ser esta semana a conmemoración das Letras Galegas escribo esta entrada no Blogue de Camiñadas Grupo De Andainas Rías Baixas, en galego, que para iso é a nosa lingua nai...
O primeiro día foi un pouco unha toma de contacto... Viaxamos en coche facendo un pouco de turismo, visitamos San Bento da Porta Aberta... E relaxamos do stres da viaxe, na piscina do hotel...
Xa no domingo día 15 tentamos saír cedo a camiñar, mais enterámonos de que había no pobo un evento cultural e decidimos quedar para velo...
"Quando a vezeira caminha para os verdejantes pastos da serra por altura do verão, passando no centro do Gerês"...
E que consistía en que un grupo de vacas, becerros e bois son acompañados pola xente, camiñando polo centro do pobo, e conducidos ata os pastos na montaña...
Como digo, quedamos a contemplar o espectáculo ao seu paso pola vila e logo continuamos a nosa andaina... Mais cal non sería a nosa sorpresa cando en plena ascensión voltamos a atoparnos co gando que seguía o mesmo camiño que nós... Tivemos que apartarnos para deixar paso...
A senda era realmente bonita... Cunha parte dura de difícil ascenso... E máis se pensamos no momento en que en pleno ascenso levas toda unha manada detrás, por un carreiriño en que só cabía... Ou a persoa, ou o animal... E este só tiraba cara arriba...
Logo veu a baixada... Non menos difícil...Con chan de pedriñas soltas...
Polo que recomendo á xente que queira intentar facer o "Percurso dos Currais" que se acompañe dun bo bastón que axuda moito nas baixadas...
Con todo, os sendeiristas, moi experimentados nas baixadas, descendemos esta parte a unha velocidade ultrasónica...(Ao mellor algo tiña que ver que era a hora de xantar...)
Espectacular a vista e a paisaxe que encontramos no chamado mirador "Da Pedra Bela" Im-presionante...
Alí encontrei estes versos do poeta portugués Miguel Torga:
PÁTRIA
Serra!
E qualquer coisa dentro de mim se aclama...
Qualquer coisa profunda e dolorida,
Traída,
Feita de terra
E alma.
Uma paz de falcão na sua altura
A medir as fronteiras:
Sob a garra dos pés a fraga dura,
e o bico a picar estrelas verdadeiras...
VER AS FOTOS DA CAMIÑADA
Que ben o pasades!Aínda cando foi unha camiñada un pouco dura por esas subidas e baixadas a paisaxe merece o esforzo. E noraboa por esas máis de mil visitas ó blogue!
ResponderEliminarOlá meus amigos,
ResponderEliminarEntão gostaram do Gerês? É magnifico!!
Ola Pachy... Ti xa sabes que sempre o pasamos ben...
ResponderEliminarE moitas grazas sempre por estar aí...
Bicos...
Amigo Tony,
ResponderEliminarClaro que gostamos do Gerês...Quem pode não gostar??? Como tu dizes... É magnífico!!!